martes, 10 de marzo de 2015

traballo evolución humana

Primeiro, debedes de ver os seguintes capítulos sobre a evolución do home:
A odisea da especie CApítulo I. (o traballo só é do primeiro vídeo, os 4 restantes son de ampliación por se vos interesa o tema)


Posteriormente, debedes de facer unha presentación con diapositivas dixitais (powerpoint, open office, presentación google docs, Prezi...)
Debedes de usar como mínimo 20 imaxes das seguintes por capítulo para facer a vosa presentación, aínda que podedes empregar todas se así o precisárades.
Capítulo 1:
https://plus.google.com/photos/109182388502503549661/albums/5448923246050246993?banner=pwa

Capítulo 2:
https://plus.google.com/photos/109182388502503549661/albums/5448926238292679585?banner=pwa

Capítulo 3:
https://plus.google.com/photos/109182388502503549661/albums/5448938146880443729?banner=pwa

No traballo sobre a evolución do home hai que tratar as seguintes cuestións:
• Especies das que se fala no documental. (O nome debe estar ben escrito e en cursiva, xa que se trata de nomes científicos). Ex; Homo ergaster. Cando se fala repetidas veces da mesma especie podemos facer unha abreviación do xénero, escribindo a primeira letra seguida dun punto: Ex: H. ergaster.
De cada unha das especies da liña evolutiva do home deberanse tratar os temas que se piden na vindeira lista de puntos. A información atópase no documental, pero se faltase ou pensades que estivera incompleta, deberedes buscar na wikipedia ou noutra fonte de información os datos que falten. Cando sexa así, debermos de referirnos á fonte a cal estamos citando: nome do autor, ano, nome do título, editorial. Se é unha web, deberemos ademáis dar o link da cita e o día da consulta.
  • Debemos tratar, sempre que nos sexa posible, aspectos como:
  • Encadre temporal: Rango de anos nos que viviu a especie
    •  Encadre xeográfico de onde vivía, xeolóxico e climático
    •  Localización xeográfica da especie e posibles migracións
  • Medio ambente no que vivía (podes relacionalo co clima)
  • Aspectos morfológicos (Diferencias con outros primates):
    • Volume craneal e rasgos faciais
    • Fisioloxía e anatomía do corpo
    • Evolución do bipedismo
  • Comportamento da especie
    • Aparición da fala
    • Evolución do pensamento / conciencia de si mesmo/ creatividadeç
    • Grao de socialización e transmisión do coñecmento
    • Conciencia ante a morte e posibles ritos funerarios
    • Alimentación
    • Técnicas de caza
    • Pinturas rupestres
    • Música
    • Emprego de ferramentas e armas
    • Grao de manexo do lume e xeito de conseguilo
    • Cociñado de alimentos
    • Vestimenta
  •  Evidencias paleontológicas e xacementos importantes onde se localizaron restos fósiles.
  • Posibles causas da extinción