martes, 10 de marzo de 2015

traballo evolución humana

Primeiro, debedes de ver os seguintes capítulos sobre a evolución do home:
A odisea da especie CApítulo I. (o traballo só é do primeiro vídeo, os 4 restantes son de ampliación por se vos interesa o tema)


Posteriormente, debedes de facer unha presentación con diapositivas dixitais (powerpoint, open office, presentación google docs, Prezi...)
Debedes de usar como mínimo 20 imaxes das seguintes por capítulo para facer a vosa presentación, aínda que podedes empregar todas se así o precisárades.
Capítulo 1:
https://plus.google.com/photos/109182388502503549661/albums/5448923246050246993?banner=pwa

Capítulo 2:
https://plus.google.com/photos/109182388502503549661/albums/5448926238292679585?banner=pwa

Capítulo 3:
https://plus.google.com/photos/109182388502503549661/albums/5448938146880443729?banner=pwa

No traballo sobre a evolución do home hai que tratar as seguintes cuestións:
• Especies das que se fala no documental. (O nome debe estar ben escrito e en cursiva, xa que se trata de nomes científicos). Ex; Homo ergaster. Cando se fala repetidas veces da mesma especie podemos facer unha abreviación do xénero, escribindo a primeira letra seguida dun punto: Ex: H. ergaster.
De cada unha das especies da liña evolutiva do home deberanse tratar os temas que se piden na vindeira lista de puntos. A información atópase no documental, pero se faltase ou pensades que estivera incompleta, deberedes buscar na wikipedia ou noutra fonte de información os datos que falten. Cando sexa así, debermos de referirnos á fonte a cal estamos citando: nome do autor, ano, nome do título, editorial. Se é unha web, deberemos ademáis dar o link da cita e o día da consulta.
  • Debemos tratar, sempre que nos sexa posible, aspectos como:
  • Encadre temporal: Rango de anos nos que viviu a especie
    •  Encadre xeográfico de onde vivía, xeolóxico e climático
    •  Localización xeográfica da especie e posibles migracións
  • Medio ambente no que vivía (podes relacionalo co clima)
  • Aspectos morfológicos (Diferencias con outros primates):
    • Volume craneal e rasgos faciais
    • Fisioloxía e anatomía do corpo
    • Evolución do bipedismo
  • Comportamento da especie
    • Aparición da fala
    • Evolución do pensamento / conciencia de si mesmo/ creatividadeç
    • Grao de socialización e transmisión do coñecmento
    • Conciencia ante a morte e posibles ritos funerarios
    • Alimentación
    • Técnicas de caza
    • Pinturas rupestres
    • Música
    • Emprego de ferramentas e armas
    • Grao de manexo do lume e xeito de conseguilo
    • Cociñado de alimentos
    • Vestimenta
  •  Evidencias paleontológicas e xacementos importantes onde se localizaron restos fósiles.
  • Posibles causas da extinción

miércoles, 23 de junio de 2010

Xa sairon os gañadores do Certame EDUCAREDE


Dende este link, podedes acceder para ver os traballos gañadores e finalistas.
http://www.educared.org/global/certameninternacional%20/blog-v
Finalmente, non gañáchedes ningún de vós, a pesar de que tiña postas moitas esperenzas. Penso que non viron ven algún dos vosos traballos....pero o importante é o moito que aprendimos todos xuntos.
Agora o que toca e disfrutar do verán.!

jueves, 20 de mayo de 2010

Esquema del blog para el Certamen Educared

Suxerencia da estructura que poderíamos seguir para o blog sobre Evolución

jueves, 13 de mayo de 2010

Podcast Recital poético Letras no Alobre

O Homo sapiens non debera alimentarse somentes de ciencia. Hai que beber tamén doutras fontes para encher o noso caldeiro da evolución intelectual e para iso, nada mellor que a poesía e a música. Por iso decidimos conxuntamente, os profes que argallamos a actividade do recital poético, rexistrar dixitalmente a fantástica interpretación d@s alumn@s durante a lectura para que permanezca para a posteridade e todo o mundo teña a sorte de admirar a pericia dos alumnos e alumnas de Vilagarcía.
As lecturas de poemas foron lidos pol@s alumn@s do IES Castro Alobre, acompañados maxistralmente por Paloma García tocando a zanfona no día das Letras no Alobre 2010. A producción foi a cargo de Xacobo de Toro.
Dentro de pouquiño estará o slidecast listo, é decir o audio axustado as fotos e textos dos poemas, dádeme tempo....
Se pinchades no link podedes acceder á web para descargar os arquivos



Quenda 1:
http://www.archive.org/details/RecitalPotico.musical.LetrasNoAlobre.quenda1



Quenda 2.
http://www.archive.org/details/LetrasNoCastroAlobre2010.LecturaPotica.Quenda3


Quenda 3:
http://www.archive.org/details/LetrasNoCastroAlobre2010.LecturaPotica.QuendaFinal

viernes, 7 de mayo de 2010

Presentación fotográfica de Natureza

Moitos me comentáchedes que vos gustaran as fotos do recital poético. Por esa razón e dado que demos o tema de ecoloxía...cólgovos este vídeo no que amoso a maior parte do meu traballo fotográfico do verán pasado fotografando aves mariñas.


Estes dous vídeos son máis cutrs, pero tamén fíxenos eu o outono pasado. tratan sobre unha concentracuín de flamencos na Lagoa de Villacañas (Tembleque) e da berrea do cervo en Cidade Real: