Mostrando entradas con la etiqueta Biodiversidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biodiversidade. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de marzo de 2010

Tema 5. Cuarta persoaxe misteriosa

O pasado domingo 14 de Marzo do 2010 Google adicou o seu "Doodle" (o debuxo da carátula de Google) a unha personaxe  moi ilustre, un naturalista español que foi un dos primeiros en falar de conservación, o concepto de biodiversidade, convencer a España enteira que o lobo ou as aves rapaces non eran alimañas ou encamiñar os meus pasos cara a bioloxía na miña infancia. Destacou por uns documentais que na súa época foron o máis avanzado en filmación; nin documentais da BBC ou National Geographic, por poñer exemplos, estaban a súa altura.
Un dos programas documentais que máis sona tivo, foi o que embaixo vos poño no vídeo:

Os que queiran optar a 0'25 puntos máis, deben de responder o nome deste naturalista e  facer unha pequena biografía de 5-6 liñas destacando os puntos importantes da súa vida e a súa contribución ao conservacionismo.

lunes, 22 de febrero de 2010

Tema 5. Darwin e a árbore da vida.

Aquí vos deixo un vídeocast do traballo que hai que facer sobre o documental "Darwin e a árbore da vida". O dispuxen en dúas partes, tras cada bloque de preguntas, ven o vídeo de 10 minutiños aprox. no que se tratan as cuestións preguntadas.
O relator do vídeo é Sir. Davis Attemborough, un presentador case mítico que participou en infinidade de documentais de natureza da BBC
As preguntas téñense que apuntar na libreta, ao igual que as respostas, que por suposto, entran na exame.