jueves, 13 de mayo de 2010

Podcast Recital poético Letras no Alobre

O Homo sapiens non debera alimentarse somentes de ciencia. Hai que beber tamén doutras fontes para encher o noso caldeiro da evolución intelectual e para iso, nada mellor que a poesía e a música. Por iso decidimos conxuntamente, os profes que argallamos a actividade do recital poético, rexistrar dixitalmente a fantástica interpretación d@s alumn@s durante a lectura para que permanezca para a posteridade e todo o mundo teña a sorte de admirar a pericia dos alumnos e alumnas de Vilagarcía.
As lecturas de poemas foron lidos pol@s alumn@s do IES Castro Alobre, acompañados maxistralmente por Paloma García tocando a zanfona no día das Letras no Alobre 2010. A producción foi a cargo de Xacobo de Toro.
Dentro de pouquiño estará o slidecast listo, é decir o audio axustado as fotos e textos dos poemas, dádeme tempo....
Se pinchades no link podedes acceder á web para descargar os arquivos



Quenda 1:
http://www.archive.org/details/RecitalPotico.musical.LetrasNoAlobre.quenda1



Quenda 2.
http://www.archive.org/details/LetrasNoCastroAlobre2010.LecturaPotica.Quenda3


Quenda 3:
http://www.archive.org/details/LetrasNoCastroAlobre2010.LecturaPotica.QuendaFinal

No hay comentarios:

Publicar un comentario