miércoles, 21 de abril de 2010

Applet Simulador de cadeas tróficas interación interespecífica entre coellos, lobos e vexetación.

Sacado de :http://www.shodor.org/interactivate/activities/RabbitsAndWolves/

Indicaións para profes:
Esta actividade permite ó usuario simular como a natureza mantén o seu equilibrio. Este applet mostra como os lobos e coellos se comportan no seu contorno natural. Esta actividade podería funcionar ben en grupos de dous a catro por uns trinta minutos, se usa as cuestións de explotación e dez a quince minutos en contrario.
Indicacións para os alumnos:
Ollade o seguinte simulador:
Podedes cambiar parámetros como a vida media dos lobos, coellos ou a súa probabilidade de reproducirse. Tamén podedes cambiar o ambiente entre "Island" (Illa) ou Toroid (poden vagar libremente).
Se lle dades a "view population graph" podedes ver segundo pasa o tempo como varían as poboacións.
Logo trata de contestar as seguintes respostas:
1. Que sucedería se houbese moitísimos máis coellos ca lobos? Vivirán estes para sempre nunha poboación elevada?
2. O que sucedería se houbese moitos máis lobos ca coellos? Manterase a poboación de coellos para sempre?
3. Como poden os coellos e lobos viven en equilibrio nesta simulación?
SEGURO QUE PASAREDES UN BO ANACO FACENDO PROBAS E VENDO A VER QUE PASA



No hay comentarios:

Publicar un comentario