Materiais de Ciencias sobre bioloxía e xeoloxía na web 2.0. Nivel: de 4º da ESO
miércoles, 23 de junio de 2010
Xa sairon os gañadores do Certame EDUCAREDE
Dende este link, podedes acceder para ver os traballos gañadores e finalistas.
http://www.educared.org/global/certameninternacional%20/blog-v
Finalmente, non gañáchedes ningún de vós, a pesar de que tiña postas moitas esperenzas. Penso que non viron ven algún dos vosos traballos....pero o importante é o moito que aprendimos todos xuntos.
Agora o que toca e disfrutar do verán.!
jueves, 20 de mayo de 2010
jueves, 13 de mayo de 2010
Podcast Recital poético Letras no Alobre
O Homo sapiens non debera alimentarse somentes de ciencia. Hai que beber tamén doutras fontes para encher o noso caldeiro da evolución intelectual e para iso, nada mellor que a poesía e a música. Por iso decidimos conxuntamente, os profes que argallamos a actividade do recital poético, rexistrar dixitalmente a fantástica interpretación d@s alumn@s durante a lectura para que permanezca para a posteridade e todo o mundo teña a sorte de admirar a pericia dos alumnos e alumnas de Vilagarcía.
As lecturas de poemas foron lidos pol@s alumn@s do IES Castro Alobre, acompañados maxistralmente por Paloma García tocando a zanfona no día das Letras no Alobre 2010. A producción foi a cargo de Xacobo de Toro.
Dentro de pouquiño estará o slidecast listo, é decir o audio axustado as fotos e textos dos poemas, dádeme tempo....
Se pinchades no link podedes acceder á web para descargar os arquivos
Quenda 1:
http://www.archive.org/details/RecitalPotico.musical.LetrasNoAlobre.quenda1
Quenda 2.
http://www.archive.org/details/LetrasNoCastroAlobre2010.LecturaPotica.Quenda3
Quenda 3:
http://www.archive.org/details/LetrasNoCastroAlobre2010.LecturaPotica.QuendaFinal

viernes, 7 de mayo de 2010
Presentación fotográfica de Natureza
Moitos me comentáchedes que vos gustaran as fotos do recital poético. Por esa razón e dado que demos o tema de ecoloxía...cólgovos este vídeo no que amoso a maior parte do meu traballo fotográfico do verán pasado fotografando aves mariñas.
Estes dous vídeos son máis cutrs, pero tamén fíxenos eu o outono pasado. tratan sobre unha concentracuín de flamencos na Lagoa de Villacañas (Tembleque) e da berrea do cervo en Cidade Real:
Estes dous vídeos son máis cutrs, pero tamén fíxenos eu o outono pasado. tratan sobre unha concentracuín de flamencos na Lagoa de Villacañas (Tembleque) e da berrea do cervo en Cidade Real:
Tema 7. Ecoloxía. Xogo 3d de Lobos
DESCÁRGAO DENDE AQUÍ
MANUAL DE AXUDA
WolfQuest: Slough Creek preview video from loboLoco on Vimeo.
WOLFQUEST é un xogo promoviso polo zoo de Minnesota e Eduweb.
Xoga a este simulador educativo da vida salvaxe en 3D de gráficos soberbios. Podes converterte nun lobo gris gañando experiencia directa durante o ciclo de vida dos lobos grises en Yellowstone National Park. Historicamente os lobos grises sufriron unha visión negativa como predadores e foron perseguidos e abatidos polo home. Despóis de mudar valores e a lexislación sobre especies ameazadas e tras grandes esforzos para preservar os grandes depredadores, incluíndo o lobo gris, éstes foron reintroducidos en Yellowstone National Park, a mediados dos anos 1990, nunha tentativa exitosa para restaurar as especies animais ameazadas de extinción.
Os xogadores teñen que familiarizarse co Parque Nacional
Publicar entrada
Vai atopar showdowns de posición dominante, na tentativa de introducirse a outros lobos antes de atopar un futuro compañeir@. O seu primeiro paso na estación do outono, nas ladeiras do Yellowstone Amethyst Mountain é atopar un compañeir@, ao mesmo tempo que atopar o alimento para a súa supervivencia. Utilizando a vista do mapa na que se visualizan os territorios do lobo e outros lugares para cazar alces, e andar á procura de osos pardos, outros lobos e coiote rivais. Alces e lebres vam a sustentar a súa forza na súa misión. Os rastros de olor poden axudar a atopar outras mandas de lobos, a barra de enerxía axuda a a ferir e a súa resistencia. O nivel indica o seu estado de saúde, da fame e da extensión das lesións sufridas. O compás orientao na dirección de alimentos e doutros lobos.
As misións do ciclo de vida nop Yellowstone National Park, inclúen:
Buscar unha femia, que culmina na conclusión da misión de busca Amethyst Mountain onde comeza a aprender sobre a supervivencia do lobo PACK ea súa responsabilidade para a supervivencia do código xenético que, como lobo, é misión da súa vida.
Atopar un Den no río Lamar, Slough Creek ou áreas Bison Parque de Yellowstone, ten conciencia da súa necesidade de estar preto dos alimentos mantendo lonxe do perigo de Yellowstone lobo gris Packs rival e outros predadores.
Marca o teu territorio e amosa a importancia da defensa que ofrece o arrecendo das marcas para o lobo, que deberá urinar na súa zona e na zona de transición ca dos lobos rivais, preservandoo de amiazas de predadores ouriñando e ouveando por todas partes. Podes usar as letras do teclado para marcar o territorio deixando marcas de cheiro como prevención de lobos rivais que poidan ameazar a súa familia.
Consegue a túa camada! comeza a túa familia. Aprende o período de xestación de lobo gris e dos feitos do desenvolvemento no post-nacemento. Pódeslle poñer nome as crías se acumulaa puntos de experiencia suficientes. Podes cambiar o nome no panel Stats Pack.
Educa as crías para que non deambulen demasiado lonxe, rifándolles e traendoos de volta á cova, e aumentando o nivel de proximidade coa afinidade da unidade familiar, reforzando a sensibilización dos fillos de estar preto de casa. O teu lobo ou a parella terá que alimentar as súas crías polo regurxitado de alimentos tralo destete. Podes protexe-los de predadores, especialmente osos que os ven como comidas fáciles. Manipular o teclado para incorporarse os fillos. O Pack Affinity amosa aos fillos a permanecer preto da cova. Tes que marcar sempre o seu territorio para manter os predadores e rivais a raia. A súa misión é rematada cando teñas ensinasdoa aos lobeznos estar preto para manter a seguridade.
Defende e alimenta as túas crías de lobezno mentres continuas o teu esforzo na súa misión de escorregar e matar osos ou coiotes, marcando o teu territorio ...........
E MOITO MÁIS
tema 7. Ecoloxía II: Sucesións e adapataciós dos seres vivos. Vídeos
Adaptacións dos seres vivos:
Sucesións e comunidades clímax:
Sucesións e comunidades clímax:
Tema 6. Ecoloxía. Actividades
"Bosque Virtual" é un xogo que permite asumir o papel dun director de bosque que protexe un ecosistema forestal.
descárgao aquí: Virtual forest
Xestiona un bosque virtual e o seu ecosistema en 'Virtual Forest ", un xogo sinxelo, divertido e emocionante, creada por CANFOR. Os xogadores asumen o papel do/a director@ de bosque e os seus esforzos para executar un bosque e, simultaneamente, protexer o bosque do ecosistema, así como a economía.
Como xogar a partida, terá tres indicadores:
Orzamento,
Economía,
Emprego e Bio-diversidade
O seu obxectivo é tentar manter os tres no seu máis alto nivel / ideal.
gañas cartos coa colleita do bosque, e proporcionas oportunidades de emprego para a comunidade. Gasta diñeiro a través da realización de xestión local (aplicación de fertilizantes e herbicidas para o bosque), exercicio de reforestación;xestión den lumes , control dos animais salvaxes, construción de edificios para lecer, como Pousadas e Campings.
Existen tres métodos de gañar cartos de colleita: desbaste, colleita de árbore enteira,
Tamén permite galar cartos a caza e recreación. Na sección de reforestación pode escoller calquera planta .árbores... piñeiro de de Douglas ,sementes ou mudas..., en vertentes de baixa ou de alta densidade.

miércoles, 5 de mayo de 2010
Historia Xeolóxica da Terra e da Vida
Documental imprescindible para comprender o desenvolvemento xeolóxicco da Terra, o movemento dos continentes integrado na tª da tectónica de placas e o desenvolvemento da vida. Todo en 2 capítulos do mesmo documental:
Etiquetas:
Historia da terra,
Tectónica de placas,
Vídeos
domingo, 2 de mayo de 2010
Tema 7. Transformacións nos ecosistemas e adaptacións dos organismos. Presentación con vídeos
Transformacións nos ecosistemas:
Adaptacións dos organismos:
Adaptacións dos organismos:
Etiquetas:
Adaptacións S.V,
Ecoloxía,
Presentacións,
temario,
Vídeos
domingo, 25 de abril de 2010
miércoles, 21 de abril de 2010
Applet Simulador de cadeas tróficas interación interespecífica entre coellos, lobos e vexetación.
Sacado de :http://www.shodor.org/interactivate/activities/RabbitsAndWolves/
Indicaións para profes:
Esta actividade permite ó usuario simular como a natureza mantén o seu equilibrio. Este applet mostra como os lobos e coellos se comportan no seu contorno natural. Esta actividade podería funcionar ben en grupos de dous a catro por uns trinta minutos, se usa as cuestións de explotación e dez a quince minutos en contrario.

Indicacións para os alumnos:
Ollade o seguinte simulador:
Podedes cambiar parámetros como a vida media dos lobos, coellos ou a súa probabilidade de reproducirse. Tamén podedes cambiar o ambiente entre "Island" (Illa) ou Toroid (poden vagar libremente).
Se lle dades a "view population graph" podedes ver segundo pasa o tempo como varían as poboacións.
Logo trata de contestar as seguintes respostas:
1. Que sucedería se houbese moitísimos máis coellos ca lobos? Vivirán estes para sempre nunha poboación elevada?
2. O que sucedería se houbese moitos máis lobos ca coellos? Manterase a poboación de coellos para sempre?
3. Como poden os coellos e lobos viven en equilibrio nesta simulación?
SEGURO QUE PASAREDES UN BO ANACO FACENDO PROBAS E VENDO A VER QUE PASA

Actividades,
Animacións,
Ecoloxía,
Simuladores
sábado, 17 de abril de 2010
Traballos da Evolución humana. Pol@s alumn@s de 4º ESO
Neste apartadiño irei publicando as vosas presentacións.
En xeral estou moi contento cas presentacións que fixéchedes e amósame unhas cabeciñas que pensan e estructuran a información. Así que parabéns para todos, xa que non vin ningún traballo de primeiras que non mereza eloxio.
Aquí está o traballo presentado por:
Rebeca Ríos Fontán, Marieta Estévez Gandía, Astrid Porto Delamano e Olga Rodríguez Diéguez. Ten algunhas faltas orteográficas, pero están a revisalas e traballar nelas para entregarme o definitivo. O traballo en xeral está de notable, pero ten tamén algún falliño, así que olládeo para axudalas a descubrir onde están eses pequenes erros (Isto forma parte do proceso de parendizaxe)

Evolución humana,
Evolución.,
Presentacións alumnos/as
sábado, 10 de abril de 2010
Tema 6. Ecoloxía, presentacións de clase con vídeos incrustados.
Parte I
Parte II
Enlaces para descargar os PFD:
Parte I:
Parte II
Enlaces para descargar os PFD:
Parte I:
Etiquetas:
Ecoloxía,
Presentacións,
Vídeos
martes, 6 de abril de 2010
Formación do solo. Animación Tema 7
http://megaswf.com/view/3fb69ee2f66763a632bd5d722c40a26f.html
Etiquetas:
Animacións,
Transformacións no ecosistema
lunes, 22 de marzo de 2010
Traballo evolución humana
Primeiro, debedes de ver os seguintes capítulos sobre a evolución do home:
A odisea da especie CApítulo I. (o traballo só é do primeiro vídeo, os 4 restantes son de ampliación por se vos interesa o tema)
Posteriormente, debedes de facer unha presentación con diapositivas dixitais (powerpoint, open office, presentación google docs, Prezi...)
Debedes de usar como mínimo 20 imaxes das seguintes por capítulo para facer a vosa presentación, aínda que podedes empregar todas se así o precisárades.
Capítulo 1:
https://plus.google.com/photos/109182388502503549661/albums/5448923246050246993?banner=pwa
Capítulo 2:
https://plus.google.com/photos/109182388502503549661/albums/5448926238292679585?banner=pwa
Capítulo 3:
https://plus.google.com/photos/109182388502503549661/albums/5448938146880443729?banner=pwa
No traballo sobre a evolución do home hai que tratar as seguintes cuestións:
• Especies das que se fala no documental. (O nome debe estar ben escrito e en cursiva, xa que se trata de nomes científicos). Ex; Homo ergaster. Cando se fala repetidas veces da mesma especie podemos facer unha abreviación do xénero, escribindo a primeira letra seguida dun punto: Ex: H. ergaster.
De cada unha das especies da liña evolutiva do home deberanse tratar os temas que se piden na vindeira lista de puntos. A información atópase no documental, pero se faltase ou pensades que estivera incompleta, deberedes buscar na wikipedia ou noutra fonte de información os datos que falten. Cando sexa así, debermos de referirnos á fonte a cal estamos citando: nome do autor, ano, nome do título, editorial. Se é unha web, deberemos ademáis dar o link da cita e o día da consulta.

- Debemos tratar, sempre que nos sexa posible, aspectos como:
- Encadre temporal: Rango de anos nos que viviu a especie
- Encadre xeográfico de onde vivía, xeolóxico e climático
- Localización xeográfica da especie e posibles migracións
- Medio ambente no que vivía (podes relacionalo co clima)
- Aspectos morfológicos (Diferencias con outros primates):
- Volume craneal e rasgos faciais
- Fisioloxía e anatomía do corpo
- Evolución do bipedismo
- Comportamento da especie
- Aparición da fala
- Evolución do pensamento / conciencia de si mesmo/ creatividadeç
- Grao de socialización e transmisión do coñecmento
- Conciencia ante a morte e posibles ritos funerarios
- Alimentación
- Técnicas de caza
- Pinturas rupestres
- Música
- Emprego de ferramentas e armas
- Grao de manexo do lume e xeito de conseguilo
- Cociñado de alimentos
- Vestimenta
- Evidencias paleontológicas e xacementos importantes onde se localizaron restos fósiles.
- Posibles causas da extinción
Etiquetas:
Actividades,
Evolución,
Evolución humana
jueves, 18 de marzo de 2010
lunes, 15 de marzo de 2010
Tema 5. Cuarta persoaxe misteriosa
O pasado domingo 14 de Marzo do 2010 Google adicou o seu "Doodle" (o debuxo da carátula de Google) a unha personaxe moi ilustre, un naturalista español que foi un dos primeiros en falar de conservación, o concepto de biodiversidade, convencer a España enteira que o lobo ou as aves rapaces non eran alimañas ou encamiñar os meus pasos cara a bioloxía na miña infancia. Destacou por uns documentais que na súa época foron o máis avanzado en filmación; nin documentais da BBC ou National Geographic, por poñer exemplos, estaban a súa altura.
Un dos programas documentais que máis sona tivo, foi o que embaixo vos poño no vídeo:
Os que queiran optar a 0'25 puntos máis, deben de responder o nome deste naturalista e facer unha pequena biografía de 5-6 liñas destacando os puntos importantes da súa vida e a súa contribución ao conservacionismo.

Biodiversidade,
Evolución,
Persoaxes misteriosas
jueves, 11 de marzo de 2010
Tema 5. Actividades :Trivial
Poñede a proba os vosos coñecementos con este Trivial que vos fixen da Unidade didáctica. Debedes rexistrarvos en MyStudiyo.com
de xeito que o voso nome de usuario sexa o nome a apelidos. Os 5 primeiros que queden con mellor puntuación teñen premio!,
de xeito que o voso nome de usuario sexa o nome a apelidos. Os 5 primeiros que queden con mellor puntuación teñen premio!,
Tema 5. Animacións - Resumo do Tema
Resumo do Tema
Sacado de:
http://www.cienciasnaturales.es/6M4ESO.swf
http://descartes.cnice.mec.es/edad/4esobiologia/4quincena9/imagenes9/consecuencias.swf
Animacións sobre as adaptacións e sobre a especiación
Sacado de:
http://www.cienciasnaturales.es/6M4ESO.swf
http://descartes.cnice.mec.es/edad/4esobiologia/4quincena9/imagenes9/consecuencias.swf
Animacións sobre as adaptacións e sobre a especiación
miércoles, 10 de marzo de 2010
Tema 5. Presentación de clase con vídeos
A presentación empregada na clase, pero con algún vídeos bastante aclaratorios dos puntos máis críticos.
Tema 5 A Evolución Biolóxica
View more presentations from xaco.
Para descargalo en pdf:
https://docs.google.com/fileview?id=0BxcdByzQEdEVZGFmZGQ4OWQtYWZmYS00N2U5LWI4YjgtMjlhYjIzMDI0MTBm&hl=es
Para descargalo en pdf:
https://docs.google.com/fileview?id=0BxcdByzQEdEVZGFmZGQ4OWQtYWZmYS00N2U5LWI4YjgtMjlhYjIzMDI0MTBm&hl=es
martes, 9 de marzo de 2010
Tema 5. Terceira persoaxe misteriosa
Neste tema tócase, por suposto a evolución do home. Non vos entrará na exame, pero a cambio, teredes que facerme un traballo nas vacacións sobre un documental chamado "La Odisea de la especie".
Agora, tedes que responderme a esta pregunta que fai Arsuaga e que se contesta ca información atopada nas primeiras liñas que resumen a evolución humana da wikipedia. Boa sorte!!: http://es.wikipedia.org/wiki/Evoluci%C3%B3n_humana

lunes, 1 de marzo de 2010
Tema 5. Segunda persoaxe misteriosa.
Prezad@s alumn@s, neste vídeo faise unha pregunta sobre un dos pensadores científicos máis grandes que houbo e ao cal venero con devosión. Debe ser pola avanzada idade, que ademáis de formular unha pregunta, O señor Charles Darwin comete unha incoherencia ou erro no seu discurso. Poderías mandarme ao meu correo ambas solucións??
Recordade! están en xogo 0'25 puntos para @s dous/dúas primerir@s!!
Recordade! están en xogo 0'25 puntos para @s dous/dúas primerir@s!!
Etiquetas:
Evolución,
Persoaxes misteriosas,
Vídeos
martes, 23 de febrero de 2010
Tema 5. Persoaxe misterioso.
Os/AS 2 primeiras persoas que me manden ao meu email a resposta correcta terán 0'25 puntos más na nota final.
lunes, 22 de febrero de 2010
Tema 5. Orixe da vida & evolución. Vídeos
A odisea da especie CApítulo I.
A Odisea da especie Capítulo II.
A Odisea da Especia capítulo III
Darwin e a árbore da vida:
Orixe da vida & Evolución en xeral:
A Odisea da especie Capítulo II.
A Odisea da Especia capítulo III
Darwin e a árbore da vida:
Orixe da vida & Evolución en xeral:
Tema 5. Darwin e a árbore da vida.
Aquí vos deixo un vídeocast do traballo que hai que facer sobre o documental "Darwin e a árbore da vida". O dispuxen en dúas partes, tras cada bloque de preguntas, ven o vídeo de 10 minutiños aprox. no que se tratan as cuestións preguntadas.
O relator do vídeo é Sir. Davis Attemborough, un presentador case mítico que participou en infinidade de documentais de natureza da BBC
As preguntas téñense que apuntar na libreta, ao igual que as respostas, que por suposto, entran na exame.
O relator do vídeo é Sir. Davis Attemborough, un presentador case mítico que participou en infinidade de documentais de natureza da BBC
As preguntas téñense que apuntar na libreta, ao igual que as respostas, que por suposto, entran na exame.
Etiquetas:
Actividades,
Biodiversidade,
Evolución,
Vídeos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)